Finalidade do premio
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía.
Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral , incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Categorías
O Premio consta de dúas categorías:
- Identificación de oportunidades: premiarase a identificación de oportunidades ou retos de innovación dentro de Administración. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar e definir unha problemática no servizo que prestan á cidadanía, así como as razóns que motivan a necesidade de interese que tería a resolución da mesma.
- Proxecto coa temática máis innovadora: premiaranse proxectos innovadores xa realizados ou en curso. A/s persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberán detallar o proceso do proxecto, expoñer os puntos considerados fundamentais e xustificar as características que outorgan carácter innovador ao seu proxecto. Premiaranse aqueles proxectos coa temática máis vangardista e innovadora.
Premios
As persoas gañadoras recibirán un premio en metálico por importe de 2.000 euros se se trata dunha solicitude individual. Se a solicitude e dun equipo, o importe do premio en metálico será de 3.000 euros para o conxunto do equipo.
Presentación de candidaturas
A presentación de candidaturas farase a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia
Ligazóns
Comité de avaliación
Seguindo o Artigo 9 da Convocatoria dos Premios, desígnase ás tres persoas membro do Comité de Avaliación:
- Un/unha avaliador/a da Xefatura do Departamento de Xestión da Innovación: Dolores López Beiro, Técnico do Departamento de Xestión da Innovación, Axencia Galega de Innovación, por delegación do Xefe do Departamento
- Unha personalidade de ámbito galego comprometida coa innovación na Administración: José Liñeira, Letrado da Asesoría Xurídica de Economía e Innovación da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
- Unha personalidade de ámbito nacional vinculada á promoción da innovación desde a demanda: Sergio Capitán, Director da Oficina de Compra Pública Innovadora de CDTI.