Re-acciona Innovación

Programa: RE-ACCIONA. Axudas a empresas galegas para servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización (cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020)
Data de publicación DOG: 02/06/2020
Código do procedemento: IG401A
Prazo de presentación de solicitudes: 06/07/2020 ata o 17/09/2020

Que é o Programa Re-acciona e Re-acciona Innovación?

O programa Re-acciona é un programa de servizos a pemes que, a través de empresas prestadoras de servizos especializadas, permítelle ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos (máis información: http://reacciona.igape.es).

Nesta convocatoria do programa Re-acciona, GAIN colabora co IGAPE poñendo a disposición das empresas galegas tres novos servizos, enmarcados no Programa Re-acciona Innovación.

Quen pode solicitar estas axudas?

Pequenas e medianas empresas con centro de traballo en Galicia que cumpran a definición de peme. Para esta definición utilizarase a establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Servizos obxecto de apoio

  • Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores: consiste en promover a implantación de metodoloxías de deseño para a innovación, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de ferramentas de deseño estratéxico. Máis información dispoñible nesta ligazón (pdf).
  • Protección da innovación: o obxectivo deste servizo é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais). Máis información dispoñible nesta ligazón (pdf).
  • Asesoramento para o financiamento da innovación: con este servizo preténdese apoiar o desenvolvemento dunha estratexia dirixida á obtención de financiamento para as actividades de I+D+i da empresa, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais. A estratexia formalizarase nun Plan de financiamento da I+D+i. Máis información dispoñible nesta ligazón (pdf).

Se queres consultar outros servizos do Programa Re-Acciona os mesmos están dispoñibles en http://reacciona.igape.es

Documentación e ligazóns

Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • No teléfono 981 957 008