Consolidación unidades mixtas de investigación 2020

Programa: Consolidación de unidades mixtas de investigación
Data publicación DOG: 20/02/2020
Prazo de presentación de solicitudes: reapertura prazo do 12/05/2020 ao 18/05/2020
Código do procedemento: IN853B

Cal é o obxecto destas axudas?

A consolidación, fortalecemento e mantemento da actividade investigadora e innovadora das unidades mixtas de investigación creadas ao abeiro das convocatorias de axudas de GAIN dos anos 2016 e 2017, dando así continuidade e evolución as expectativas, obxectivos e resultados das súas liñas de investigación e traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas.

Quen pode solicitar estas axudas?

As agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa que teñan constituída unha unidade mixta de investigación beneficiaria dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha das convocatorias dos anos 2016 e 2017 e que non desfrutaran ou estean a desfrutar de axudas para a súa consolidación.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Orzamento total convocatoria: 2.000.000,00 €
  • Intensidade da axuda: 30% do orzamento da unidade mixta subvencionable, cun máximo de 1.300.000,00 €.
  • Orzamento mínimo subvencionable: 1.800.000,00 €

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas

Documentación para a solicitude de anticipos

Máis información

xestion.gain@xunta.gal
981 54 10 96 e 881 99 96 33


Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional