Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento

Programa: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento
Data de publicación no DOG: 17/02/2020
Prazo de presentación de solicitudes: reapertura prazo do 19/05/2020 a 25/05/2020
Códigos dos procedementos:

  • IN607A: Modalidade A – Grupos de referencia competitiva (GRC)
  • IN607B: Modalidade B – Grupos con potencial de crecemento (GPC)
  • IN607D: Modalidade C – Proxectos de excelencia

Nota informativa da Axencia Galega de Innovación sobre a Convocatoria de axudas do ano 2020 para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i (pdf)

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de excelencia. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores ou investigadoras individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional.

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades do Sistema Universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur), os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante GAIN.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Intensidade da axuda: 100%.
  • Orzamento total: 14.920.000,00 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades é de 12.710.000,00 euros e o de Gain é de 1.080.000,00 euros).

Importe das axudas

O importe máximo das axudas concedidas será o seguinte:

  • Modalidade A (GRC) : O importe global da axuda distribuirase en catro anualidades e virá determinado por un módulo estrutural anual composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 € tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable anual, dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo no período comprendido desde o 1 de xaneiro de 2017 ao 31 de decembro de 2019.
  • Modalidade B (GPC): As axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.
  • Modalidade C, Proxectos de excelencia: No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2020 e de 25.000 € para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024.

A onde acudir?

Para as solicitudes presentadas polas universidades do SUG:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781
Santiago de Compostela
Teléfono: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal


Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega de Innovación
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Documentación e ligazóns