Fomento das vocacións científico-tecnolóxicas
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) apoia accións para o fomento de vocacións científico-tecnolóxicas entre a xuventude a través de actividades no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, no Centro de Computación de Galicia (CESGA) e tamén coa colaboración con distintas entidades como a Fundación Eduardo Pondal.
GAIN amplía o seu ámbito de actuación con novas actividades no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño co programa D’tec e no marco da Civil UAV’s Initiative co programa Voando alto, sumando vocacións.
D’tec é un programa da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e do CIS Tecnoloxía e Deseño, para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas dirixido a estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos e a toda a comunidade educativa de Galicia (alumnado, xuventude, profesorado e familias).
O CIS Tecnoloxía e Deseño é un centro tecnolóxico que ten a misión de aumentar a capacidade de innovación da industria galega. Como centro tecnolóxico especializado no deseño e a tecnoloxía, debe sumarse á demanda e contemplar entre os seus obxectivos fomentar o interese e a vocación da xuventude pola ciencia e a tecnoloxía nos seus ámbitos de coñecemento (Deseño, Tecnoloxías de Realidade Virtual, Realidade Aumentada e 3D, Industria 4.0 etc). Por todo iso, desenvolveuse o programa D’tec.
No marco desta iniciativa vanse organizar diferentes accións para poñer en valor a importancia da innovación, a ciencia e a tecnoloxía como unha das claves para o desenvolvemento de Galicia.
Entre as actividades previstas contémplanse espectáculos, talleres e proxectos para as aulas.
Todas as actividades son gratuítas.
O CIS Tecnoloxía e Deseño organiza dúas novas actividades para realizar nas aulas dos centros educativos:
O prazo de inscrición estará aberto ata o 3 de marzo de 2021.
Máis información: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/proxectos-escolares/
De outubro a decembro de 2019 organizáronse talleres e espectáculos nos que se contou coa participación de máis de 1.100 alumnos de 18 centros educativos:
Para máis información sobre estas actividades pódese consultar o documento D’tec dispoñible nesta ligazón (pdf).
A situación provocada pola COVID-19 non permitiu levar a cabo varias actividades previstas para o 2020.