Bases reguladoras e convocatoria das axudas H2020

Bases reguladoras das axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea (cofinanciadas programa operativo FEDER Galicia 2014-2020)

Descrición e obxectivos
Novo esquema de apoio previsto na RIS3 Galicia orientado ao incremento do impacto do Programa Marco da Unión Europea no Sistema Galego de innovación.

Este esquema, que inclúe varias liñas de axuda, conta cun dobre obxectivo:

  • o aumento do retorno acadado polas entidades galegas no Programa Marco a través do apoio á preparación de propostas “de calidade”.
  • a procura dunha coordinación estratéxica entre o Programa Marco e Programa Operativo Feder-Galicia que mellore a eficiencia e eficacia no Sistema Galego de Innovación do financiamento adicado á I+D+i.

As axudas ao abeiro destas bases vixentes ata 2022 articularanse a través de convocatorias anuais.

Actividades subvencionables

Neste esquema de apoio inclúense varias liñas de apoio:

  • Liña 1: apoio á preparación de propostas de calidade ao Programa Marco. Considerarase que son de calidade aquelas que obtiveron unha puntuación superior ao 75% da nota máxima establecida na convocatoria á que concorreron.
  • Liñas 2.1 e 2.2: financiamento do desenvolvemento dunha proposta individual presentada á Fase 1 (liña 2.1) ou a Fase 2 (liña 2.2) do Instrumento PEME. Deberán contar co selo de excelencia da Comisión Europea ou ter acadado unha avaliación igual ou superior á necesaria para súa obtención.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • Liña 1: PEMEs e organismos de investigación e difusión (públicos e privados)
  • Liñas 2.1 e 2.2: PEMEs

Gastos subvencionables:

  • Liña 1:
    • Consultoría destinada á formulación da proposta e a súa presentación
    • Persoal propio
  • Liña 2.1.
    • Persoal propio
    • Subcontratacións
    • Consultoría: gastos asesoramento experto (panel de coaches EASME-instrumento peme)
    • Asistencias técnicas
  • Liña 2.2.
    • Persoal propio
    • Equipamento e material instrumental
    • Material funxible
    • Adquisición de patentes
    • Servizos tecnolóxicos
    • Subcontratacións
    • Custes indirectos (máximo 10% persoal)

Prazo de presentación de solicitudes: comenzará ao día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria anual e permanecerá aberto ata a data que se detalle na mesma ou ata o esgotamento dos fondos asignados.

Documentación e enlaces

Convocatoria 2019

Data de publicación DOG: prevista para o 12-09-2019

Códigos de procedemento:

  • Liña 1: IN607F
  • Liña 2.1: IN607G
  • Liña 2.2: IN607H

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo para presentar as solicitudes comenzará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria permanecendo aberta ata o 30 de outubro de 2019, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

Eido estratéxico: RIS3 – Programa INNOVA EN GALICIA (complemento H2020)

Documentación e enlaces

Documentación para a solicitude de anticipos

Documentación para a xustificación da anualidade 2019



Máis información
programas.gain@xunta.gal
981 54 10 71

Outras especificacións
As axudas que se concedan ao abeiro destas bases serán axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.
Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional