Imaxes do deseño galego

Galicia, imaxes do deseño é un proxecto promovido no marco do Programa Deseño para a Innovación 2020 co obxectivo de localizar, recuperar e difundir os principais fitos do deseño industrial galego a través da fotografía e de obras audiovisuais.

Os seus recursos están dispoñibles nunha plataforma online de libre acceso e aberta á participación dos usuarios rexistrados, que poden enriquecela con achegas propias.

O obxectivo deste proxecto é mellorar o coñecemento e a valoración do deseño galego como factor estratéxico de progreso ao longo da historia, así como ofrecerlles referentes ás empresas e emprendedores actuais.

A recuperación desta memoria histórica nun espazo dixital integrado aglutina fotografías e vídeos relacionados con ámbitos diversos: a enerxía, o mar, o naval, a industria tabacaleira, o transporte, etc.

A colección inicial está formada por un total de 400 imaxes cedidas por diferentes entidades.

Premendo na imaxe seguinte podes acceder á páxina web Galicia, imaxes do deseño:

Accede á páxina web Galicia, imaxes do deseño