Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 13/06/2019
Códigos dos procedementos: IN606B (modalidade A), IN606C (modalidade B)
Prazo de presentación de solicitudes: do 14/06/2019 ao 15/07/2019

Cal é o obxecto destas axudas?

A formación de persoal investigador doutor mediante a súa contratación por algún dos centros citados no apartado seguinte. Estas axudas teñen dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, dun total de tres anos, consistentes no financiamento dun contrato de estadía de dous anos no estranxeiro e dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia ao retorno da dita estadía.
    • Como novidade nesta modalidade, as solicitudes presentadas por entidades alleas ao Sistema Universitario de Galicia (en adiante SUG), citadas no apartado seguinte, poderán presentar a persoal investigador que opte a contar co apoio da Comisión Fulbright e a obter a condición de bolseiros Fulbright.
  • Modalidade B: axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral, dun total de dous anos, co obxecto de dar continuidade á formación e propiciar o establecemento unha traxectoria investigadora propia ao persoal investigador que se atopa nos seguintes casos:
    • Aquelas persoas investigadoras que acadaron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria do ano 2016 e que, unha vez completado e rematado o contrato derivado deste programa, obtivesen unha avaliación positiva no mesmo.
    • Aquelas persoas investigadoras que obtiveron unha axuda de formación inicial (modalidade A) na convocatoria de 2014 e que, por circunstancias especiais, se lle concedese o aprazamento da avaliación e que, finalmente, unha vez completado o programa, obtivesen unha avaliación positiva no mesmo.

Por primeira vez, as entidades alleas ao SUG poderán optar a esta modalidade de axudas.

Quen pode solicitar estas axudas?

A Gain financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional financia as universidades do Sistema universitario de Galicia (en diante SUG).

Tipo e intensidade da axuda
  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100 %
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos (modalidade A) e un máximo de 2 anos (modalidade B)
  • Orzamento total: 8.667.800 euros (a achega por parte da Gain será de 955.800 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 7.712.000)

Número e importe das axudas

O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:

  • Modalidade A: 46 axudas (a previsión inicial é de 40 axudas para o SUG, das cales ata 10 poden obter a condición de bolseiras Fulbright, e 6 para as demais entidades, das cales 2 poden obter a condición de bolseiras Fulbright). Os importes destas axudas son:
    • Na fase de estadía:
      • 34.680 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).
      • 42.000 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).
      • 48.400 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3). Para aquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright, engadiranse un total de 5000 euros brutos anuais durante os dous anos de estadía nos EUA.
      • Nesta fase establécese un complemento de 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas. Dito complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos por cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española (ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes) dun seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.
    • Na fase de retorno:
      • Un máximo de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
      • Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
  • Modalidade B: 21 axudas
    • Un total de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
    • Unha axuda complementaria por cada persoa contratada para o establecemento dunha liña propia de investigación coa seguinte desagregación por anualidades: 10.000 euros no ano 2020, 10.000 euros no 2021 e 5.000 euros no 2022.
    • Un complemento a cada unha das universidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

  • Para solicitudes de entidades alleas ao SUG:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfono: 881999213 Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

Documentación e ligazóns