Impulso da oportunidade ERC

O Programa Oportunius brinda o impulso necesario para acceder ás axudas do European Research Council – ERC e ofrece incentivos para as persoas investigadoras que xa dispoñan dunha axuda ERC e elixan Galicia para desenvolver o seu proxecto científico.

O ERC concede axudas a longo prazo a persoal investigador excelente para levar a cabo proxectos de alto impacto na fronteira do coñecemento, capaces de contribuír a afrontar os grandes retos globais e de garantir a competitividade científica europea. Estas axudas, dotadas con 16.600 millóns de euros no período 2021-2027, son estratéxicas para a Unión Europea, polo que están contempladas no Programa Horizon Europe.

Tipos de axudas ERC

O ERC contempla diferentes modalidades de axuda en función do perfil da persoa investigadora que presenta a súa candidatura a título individual, coa liberdade posterior de formar o seu equipo. Poden ser solicitadas por persoas de calquera nacionalidade, sempre que se destinen a desenvolver o seu proxecto en institucións de países membros da Unión Europea ou asociados.

  • Advanced Grants – para persoal investigador con excelente historial de logros científicos nos últimos 10 anos e un perfil excepcional de liderado en termos de orixinalidade e impacto da súa investigación. Axuda de 2,5 M€ a 5 anos (ampliable a 3,5 M€).
  • Consolidator Grants – para persoal investigador con entre 7 e 12 anos de experiencia posdoutoral, probas de independiencia e madureza científica e unha proposta de investigación excelente. Axuda de 2 M€ a 5 anos (ampliable a 2,75 M€).
  • Starting Grants – para persoal investigador con entre 2 e 7 anos de experiencia posdoutoral, elevado potencial de independencia e madureza científica e unha proposta de investigación excelente. Axuda de 1,5 M€ a 5 anos (ampliable a 2 M€).

Ao marxe desta tipoloxía de axudas, que son as principais, existen outras modalidades complementarias para abordar grandes proxectos consorciados e procesos de transferencia de coñecemento:

  • Synergy Grants – para equipos de entre dous e catro persoas investigadoras que presenten capacidades complementarias na resolución de grandes retos científicos, imposibles de abordar a través de proxectos de liderado individual. Axuda de 10 M€ a 6 anos (ampliable a 14 M€).
  • Proof-of-Concept – para persoal investigador beneficiario de calquera das modalidades anteriores que queiran dar un paso máis aproximando os resultados do seu proxecto ao mercado mediante unha proba de concepto. Axuda de ata 150.000 € a 18 meses.

Convocatorias ERC 2025/2026

Convocatoria Data de apertura* Data límite*
Advanced Grants| ERC-2025-AdG 22/05/2025 28/08/2025
Proof of Concept Grants | ERC-2025-PoC 13/11/2024 13/03/2025
18/09/2025
Starting Grants| ERC-2026-StG* 10/07/2025 15/10/2025
Synergy Grants| ERC-2026-SyG* 11/07/2025 06/11/2025
Consolidator Grants| ERC-2026-CoG* 26/09/2025 14/01/2026

*Estas datas son informadas polo ERC e poden ser obxecto de modificación. Actualización permanente na páxina web do European Research Council.

  • As datas das próximas convocatorias, pertencentes ás convocatorias ERC 2026 aínda non foron informadas e son estimadas. Cando haxa información oficial incorporaránse a esta táboa.