Outras iniciativas de aceleración

VIAGALICIA

Programa promovido polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia. Transversal a calquera tipo de ámbito de negocio, ViaGalicia ten como obxectivo a aceleración de proxectos innovadores e invertibles, aos que se acompaña na súa validación, posta en marcha, financiamento e maduración.


ACELERADORA GALEGA DE PROXECTOS TURISTICOS

  • Ámbito Vertical: turismo
  • Fase de desenvolvemento target: Incubación / Aceleración
  • Ligazón: https://turislab.gal

A Xunta de Galicia impulsa a primeira Aceleradora Galega de proxectos turísticos co obxectivo de crear un ecosistema aberto e unha rede de recursos para proxectos innovadores e de alto impacto na sociedade especializados no Turismo sostible e de calidade.

O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos turísticos e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, contribuíndo así a fortalecer o posicionamento do sector .

Se tes unha idea innovadora relacionada co Turismo, estás en fase Pre-seed e levas menos dun ano de actividade, es o perfil de proxecto para participar nesta aceleradora.


GALICIA AVANZA

GALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que, aproveitando a oportunidade da actual demanda social e industrial, persegue que solucións innovadoras galegas, dispoñibles ou moi próximas ao mercado, alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.

O obxectivo de GALICIA AVANZA é en definitiva impulsar a internacionalización das pemes innovadoras de calquera tipo de ámbito ou sector que necesiten unha panca para a validación o posicionamento e o fortalecemento da súa competitividade en mercados exteriores, achegando así o tecido empresarial galego ao mercado global.





Máis información

  • No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal