Business Factory

PROGRAMA CANCER INNOVABUSINESS FACTORY MEDICINES

  • Ámbito Vertical: dirixido a proxectos de investigación de descubrimento de fármacos para o cancro
  • Fase de desenvolvemento target: Incubación
  • Ligazón: https://www.cancerinnova.com

Programa promovido pola Axencia Galega de Innovación, a Fundación Kærtor, as multinacionais farmacéuticas Janssen/Johnson & Johnson e Lilly e a Fundación Científica de la Asociación Española Contra el Cáncer (FC AECC) para aunar os seus esforzos e poñer en común sinerxías e experiencias en pro dun programa de incubación no ámbito do descubrimento de fármacos centrado na área oncolóxica, que permita avanzar proxectos innovadores e levalos ata a proba de concepto clínica en humanos.


BUSINESS FACTORY AERO

  • Ámbito Vertical: aeronáutico e aeroespacial
  • Fase de desenvolvemento target: Incubación / Aceleración / Consolidación
  • Ligazón: http://www.bfaero.es

Programa de aceleración promovido pola Xunta de Galicia e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo.

BFAero está dirixida ao sector aeronáutico, aeroespacial e dos vehículos non tripulados. A súa misión é incubar,acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.


BUSINESS FACTORY AUTO

  • Ámbito Vertical: automoción
  • Fase de desenvolvemento target: Aceleración / Consolidación
  • Ligazón: http://www.bfauto.es

Programa promovido pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Grupo PSA (Stellantis) e o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV). O seu obxectivo é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables que atraian e reteñan talento,contribuíndo así a fortalecer o posicionamento do sector e a incrementar a súa proxección internacional.


BUSINESS FACTORY FOOD

  • Ámbito Vertical: sector alimentario
  • Fase de desenvolvemento target: Aceleración / Consolidación
  • Ligazón: http://bffood.gal

Business Factory Food ( BFFood) é a aceleradora do sector alimentario de Galicia. A súa misión é acelerar e consolidar novas empresas que acheguen solucións innovadoras ao mercado, consolidar o tecido empresarial e industrial do sector galego e atraer talento nacional e internacional.

Trátase dunha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado ( XesGalicia) e da Axencia Galega de Innovación ( GAIN), conta coa dinamización da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia ( CLUSAGA), e de grandes empresas tractoras do sector como: Grupo Calvo, Grupo Nova Pescanova, Adegas Martin Codax, Kiwi Atlántico, Cravo Food Factory, CLUN Cooperativas Lácteas Unidas, Quescrem e Torre de Nuñez, así como outras entidades colaboradoras do sector.

Retos: BFFood é unha aceleradora caracterizada, entre outros elementos, por estar baseada en retos definidos polo sector conforme a necesidades de mercado, o que asegura a relevancia e potencial comercial dos proxectos.





Máis información

  • No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal