
	Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación  centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.
	Descrición e obxectivos
	Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.
	
	Máis información
	axudas.gain@xunta.gal
981  95 73 03
981  95 78 72
881  99 93 55
	Condicións dos beneficiarios
	
		- Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes. 
- Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación. 
Condicións específicas dos proxectos
	Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, con un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
	Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.
	A duración mínima dos proxectos será de tres anualidades e a  máxima estenderase ata o 30 de xuño de 2022.
	Actividades subvencionables
	Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.
	Gastos subvencionables
	
		- Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade poida demostrarse. Considéranse custes directos:
	
		- Custo de persoal
- Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
- Materiais, subministracións e produtos similares
- Adquisición de patentes
- Servizos tecnolóxicos externos
- Subcontratacións
- Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
 
		- Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza.  Os custos indirectos corresponderanse co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10% aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.
Contía da axuda
	A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:
  
    | Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación | Pequena empresa | Mediana empresa | Grande empresa | 
    | Investigación industrial | 70% | 60% | 50% | 
    | Desenvolvemento experimental | 45% | 35% | 25% | 
    | Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación | 80% | 75% | 65% | 
    | Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación | 60% | 50% | 40% | 
    | Innovación en materia de procesos e organización | 50% | 50% | 15% | 
	Documentación e ligazóns
	
	Documentación para a xustificación da anualidade 2023
	
	Documentación para a xustificación da anualidade 2022
	
	Documentación para a xustificación da anualidade  2021
	
	Documentación para a xustificación da anualidade 2020 
	
	Documentación para a solicitude de anticipos – anualidade 2020
	
	Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 [respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019, código de procedemento IN854A]
	Documentación para a xustificación da anualidade 2019 (1ª edición) 
	
	Documentación para a xustificación da anualidade 2019 (2ª edición) 
	
	
	Outras especificacións da convocatoria
	Axudas cofinanciadas no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 en réxime de concorrencia competitiva.
	
Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
	
