Programa Industrias do Futuro 4.0 - Fábrica intelixente

Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.

Descrición e obxectivos

Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.

Máis información

axudas.gain@xunta.gal
981 95 73 03
981 95 78 72
881 99 93 55

Condicións dos beneficiarios

  • Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
  • Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.

Condicións específicas dos proxectos

Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos, con un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.

Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.

A duración mínima dos proxectos será de tres anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de xuño de 2022.

Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.

Gastos subvencionables

  • Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade poida demostrarse. Considéranse custes directos:
    • Custo de persoal
    • Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
    • Materiais, subministracións e produtos similares
    • Adquisición de patentes
    • Servizos tecnolóxicos externos
    • Subcontratacións
    • Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
  • Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza. Os custos indirectos corresponderanse co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10% aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.

Contía da axuda

A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación Pequena empresa Mediana empresa Grande empresa
Investigación industrial 70% 60% 50%
Desenvolvemento experimental 45% 35% 25%
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación 80% 75% 65%
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación 60% 50% 40%
Innovación en materia de procesos e organización 50% 50% 15%

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación da anualidade 2023

Documentación para a xustificación da anualidade 2022

Documentación para a xustificación da anualidade 2021

Documentación para a xustificación da anualidade 2020

Documentación para a solicitude de anticipos – anualidade 2020

Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 [respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019, código de procedemento IN854A]

Documentación para a xustificación da anualidade 2019 (1ª edición)

Documentación para a xustificación da anualidade 2019 (2ª edición)


Outras especificacións da convocatoria

Axudas cofinanciadas no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 en réxime de concorrencia competitiva.


Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional