Programa Principia 2019

Programa: Principia 2019. Axudas para a contratación de persoal para a realización de actividades de I+D+i
Data de publicación DOG: 11/01/2019
Código do procedemento: IN848C
Prazo de presentación de solicitudes: 12/01/2019 – 11/04/2019
Eido estratéxico: RIS3 – Programa PEME INNOVA

Que é o Programa Principia?

Son axudas de 10.000 euros para a contratación de persoal, por un período mínimo dun ano, para realizar actividades de I+D+i, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente cualificado para o desenvolvemento de ditas actividades.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: Convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: Subvención
Incentivo: 10.000€ / contrato 12 meses
Orzamento total: 1.100.000 €
Alcance previsto: 110 contratos

Quen pode solicitar estas axudas?

As axudas deste programa poderán ser solicitadas, ata un máximo de 5 contratos por entidade, por:

  • Empresas
  • Organismos de investigación (Universidades, fundacións, centros tecnolóxicos públicos ou privados…)

Documentación e ligazóns

Documentación xustificativa para o pagamento das axudas

Documentación para a xustificación final das axudas

Preguntas frecuentes

Prema sobre cada pregunta frecuente para despregar a resposta.


1. Cantos anexos II debo presentar coa solicitude de Principia?


O anexo de solicitude inclúe un anexo II pero débense presentar tantos anexos II como perfís (filas) se soliciten no cadro SOLICITUDE DE PERSOAL PARA REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE I+D+i do anexo I. Para elo, existe un combo no anexo II onde se pode seleccionar dende o traballador 1 ata o traballador 5, sempre relacionado co cadro anterior.
Para completar esta documentación pódese descargar tantos anexos II como sexan necesarios na seguinte ligazón.



2. Pode participar unha asociación no Principia 2019?


Si, poden participar como empresas, de acordo co artigo 1 do anexo I do citado Regulamento UE nº 651/2014 da Comisión, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica de forma regular. En particular, considerásense empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.
Nembargantes, e de acordo coa xurisprudencia comunitaria, exclúense deste concepto as actividades que pola súa natureza, polo seu obxecto e polas normas ás que están suxeitas, se vinculan ao exercicio de prerrogativas típicas do poder público.



3. No caso de traballadores de grupos empresariais e empresas vinculadas, un traballador que estivo nunha empresa do grupo empresarial no grupo de cotización correspondente a súa titulación e que nestes momentos está noutra empresa do mesmo grupo empresarial, incumpriría o requisito do artigo 4d) (Non ter sido contratado nos 6 meses anteriores pola entidade solicitante no grupo de cotización á Seguridade Social correspondente á súa titulación)?


O límite, ao que se fai referencia na convocatoria, opera por CIF de forma que se o grupo empresarial ten o mesmo CIF e o candidato estivo traballando, no seu grupo de cotización, nos seis meses anteriores a súa contratación, non sería subvencionable. Se o CIF das compañías pertencentes ao mesmo grupo empresarial ou vencelladas é diferente e sempre que o candidato cumpra co resto de condicións, a contratación sería subvencionable.



4. O requirimento que indica que non se debería ter máis de 36 meses de experiencia no mesmo posto/categoría se refire á mesma empresa ou que no momento da contratación non presente una experiencia deste tipo en calquera entidade?


O requirimento de experiencia refírese aos grupos de cotización segundo o establecido na táboa do artigo 4 da convocatoria e se comproba na vida laboral dos traballadores tendo en conta a súa experiencia laboral global en calquera entidade.



5. Que poden facer as persoas interesadas en participar no Programa Principia como traballador?


O Programa Principia pode ser solicitado únicamente por empresas/centros de investigación con sede en Galicia. O que solicitan estas entidades son perfís de contratación que poden estar xa contratados ou, no caso de contratarse novos perfís, serán as propias empresas/organismos de investigación as que buscarán libremente os candidatos que se adapten aos perfís concedidos.



6. Que tipos de contratos se poden formalizar con Principia?


Pode formalizarse calquera modalidade de contratación indefinida ou temporal, pero recordando que son requisitos que nos contratos queden establecidas a duración (mínimo: 12 meses), a retribución salarial anual bruta (mínimo: 19.000€) e as actividades de I+D+i a realizar.
Ademais é importante ter en conta que a valoración da tipoloxía do contrato aumenta coa súa duración, xa que o programa Principia ten entre os seus obxetivos, xerar emprego de calidade (ver criterios de valoración segundo a duración dos contratos no artigo 16.2 da convocatoria).



7. A través de Principia pódense formalizar contratos a tempo parcial?


Si, pódense realizar sempre que se cumpra co requisito da retribución salarial bruta anual mínima de 19.000 euros aínda que a dedicación do traballador sexa parcial. Cumprindo esta condición, nos contratos a tempo parcial, o importe do incentivo será de 10.000€.


Máis información

  • No correo electrónico servizos.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 957 008 / 881 999 121