Resumo


Os acabados e revestimentos son un elemento esencial no deseño e produción de mobles. Determinan tanto a estética coma as características técnicas e funcionalidades. Tamén esixen a revisión das condicións lexislativas relacionadas coa saúde, a seguridade laboral e o medio ambente.

As últimas innovacións en produtos de acabado e revestimento permiten reducir o impacto ambiental do mobiliario, lograr unha maior resistencia ao rozamento e abrasión e cumprir cos requisitos estéticos actuais. Ao mesmo tempo, permite innovar no produto final e acceder a novos mercados presentando mobiliario ou elementos de carpintería diferenciados.

Os obxectivos do proxecto son:

  • Transferencia de coñecementos sobre acabados e revestimentos de mobles
  • Comparación de sistemas, produtos de acabado e regulamentos entre países
  • Desenvolvemento de contidos e ferramentas de formación específica no ámbito dos acabados e recubrimentos de mobles.

O desenvolvemento conxunto do proxecto coa participación de entidades transnacionais permitirá un maior alcance e resultados máis ambiciosos. Tanto a variedade de produtos de acabado e revestimento como os métodos de aplicación diferen entre países. Mentres que en Estonia aplicanse acabados naturais como ceras e aceites, en España, Reino Unido e Italia utilízanse principalmente os vernices e revestimentos.

Incorporar as habilidades, coñecementos e competencias necesarias para os acabados e revestimentos require unha interacción dinámica e fluída entre o FP e outros actores dentro do sistema de innovación, a nivel transnacional. FUTUREfacing baséase precisamente no traballo conxunto dos provedores de FP, empresas, axentes sociais e centros tecnolóxicos con coñecemento específico e complementario.

A asociación estratéxica desenvolverá:

  • Produtos intelectuais: un manual, un simulador virtual de vernizado e unha base de datos específica sobre acabados e revestimentos.
  • Evento multiplicador: conferencia internacional sobre acabados e revestimentos.
  • Actividades de formación conxunta para o persoal docente.
  • Actividades de divulgación: plataforma web de proxecto, conferencias, boletíns informativos…

As actividades do proxecto están dirixidas aos estudantes e profesores de FP, así como ás empresas do sector do moble e aos prescriptores. Por iso, serán convidados a participar en todas as iniciativas. No caso de actividades de formación conxunta para profesores, dos cinco días programados, un estará aberto ao público.

Os resultados do proxecto estarán dispoñibles para todos os axentes da cadea de valor do mobiliario. Espérase un impacto positivo no sector, xa que os produtos intelectuais responden a “qué-cómo-quén”. O manual proporcionará información actualizada sobre os produtos; o simulador virtual representa unha oportunidade única para adquirir ou desenvolver as habilidades clave na aplicación dos acabados; a base de datos localizará facilmente ambos produtos e provedores.