Consolidación e estruturación de Centros Tecnolóxicos Consolidados

Programa: Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia
Data de publicación DOG: 28/06/2018
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte á data de publicación no DOG
Código do procedemento: IN845A

Cal é o obxecto destas axudas?

Esta actuación ten como finalidade financiar gastos estruturais e de funcionamento co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas dos centros ao mercado.

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarios os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma que teñan a consideración de consolidados.

Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Orzamento total convocatoria: 1.872.000 €
  • Intensidade da axuda: As axudas distribúense en función de 13 indicadores que valoran a perspectiva financeira, de resultados e de igualdade de xénero de cada centro.

Máis información

xestion.gain@xunta.gal
981 54 39 86

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas