Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.
Descrición e obxectivos
Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.
- Intensidade da Axuda: dependendo do tipo de empresa e tipo de proxecto a intensidade vai dende un 15% a un 80%.
- Beneficiarios: empresas, agrupacións de empresas, organismos de investigación e grandes empresas
- Organismo xestor: Axencia Galega de Innovación
- Tipo de apoio: subvencións a fondo perdido
- Código do procedemento: IN854A
- Convocatoria publicada no DOG
- Data de publicación no DOG: 04/06/2018
- Prazo de presentación de solicitudes:
- Primeira edición: 05/06/2018 – 04/07/2018
- Segunda edición: desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión da primeira edición no DOG ata o 28/09/2018
- Presentación de solicitudes: https://sede.xunta.gal
Máis información
axudas.gain@xunta.gal
981 95 73 03
981 95 78 72
881 99 93 55
Condicións dos beneficiarios
- Empresas industriais con un establecemento estable en Galicia que poidan liderar proxectos de I+D+i. Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
- Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.
Condicións específicas dos proxectos
Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos. Deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 4.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.
A duración mínima dos proxectos será de dúas anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2020.
Actividades subvencionables
Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.
Gastos subvencionables
- Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e que poida demostrarse. Considéranse custes directos
- Custo de persoal
- Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
- Materiais, subministracións e produtos similares
- Adquisición de patentes
- Servizos tecnolóxicos externos
- Subcontratacións
- Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
- Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza.
Contía da axuda
A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:
Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación |
Pequena empresa |
Mediana empresa |
Grande empresa |
Investigación industrial |
70% |
60% |
50% |
Desenvolvemento experimental |
45% |
35% |
25% |
Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación |
80% |
75% |
65% |
Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación |
60% |
50% |
40% |
Innovación en materia de procesos e organización |
50% |
50% |
15% |
Outras especificacións da convocatoria
Axudas cofinanciadas no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 en réxime de concorrencia competitiva.
Documentación e ligazóns
Documentación para a solicitude de anticipos – anualidade 2020
Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 [respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019, código de procedemento IN854A]
Documentación para a xustificación da anualidade 2019
Documentación para a xustificación da anualidade 2018
Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
