Axudas orientadas a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación  centrados en tecnoloxías industriais innovadoras.
	Descrición e obxectivos
	Concesión de axudas para fomentar o investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, todo isto incluído no plan de acción da RIS3 de Galicia.
	
		- Intensidade da Axuda: dependendo do tipo de empresa e tipo de proxecto a intensidade vai dende un 15% a un 80%.
- Beneficiarios: empresas, agrupacións de empresas, organismos de investigación e grandes empresas
- Organismo xestor: Axencia Galega de Innovación
- Tipo de apoio: subvencións a fondo perdido
- Código do procedemento: IN854A
-  Convocatoria publicada no DOG
- Data de publicación no DOG: 04/06/2018
- Prazo de presentación de solicitudes:
	
		- Primeira edición: 05/06/2018 – 04/07/2018
- Segunda edición: desde o día seguinte á publicación da resolución de concesión da primeira edición no DOG ata o 28/09/2018
- Presentación de solicitudes: https://sede.xunta.gal
 
Máis información
	axudas.gain@xunta.gal
981  95 73 03
981  95 78 72
881  99 93 55
	Condicións dos beneficiarios
	
		- Empresas industriais con un establecemento estable en Galicia que poidan liderar proxectos de I+D+i. Atendendo ao seu tamaño poden ser pequenas, medianas e grandes.
- Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión que realicen proxectos en cooperación.
Condicións específicas dos proxectos
	Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos. Deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 4.000.000 de euros e un máximo de 10.000.000 de euros. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou en cooperación.
	Debido ao efecto incentivador que establece o Regulamento (UE) nº 651/2014, a data de inicio do proxecto debe ser posterior á da presentación da solicitude da subvención.
	A duración mínima dos proxectos será de dúas anualidades e a máxima estenderase ata o 30 de setembro de 2020.
	Actividades subvencionables
	Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e procesos.
	Gastos subvencionables
	
		- Custos directos: aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e que poida demostrarse. Considéranse custes directos
	
		- Custo de persoal
- Custo de equipamento e material instrumental de nova adquisición
- Materiais, subministracións e produtos similares
- Adquisición de patentes
- Servizos tecnolóxicos externos
- Subcontratacións
- Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación
 
		- Custos indirectos: aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse  directamente coa actividade subvencionada pero que resultan necesarios para a súa realización: xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade; subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono; seguros, seguridade ou gastos de limpeza.
Contía da axuda
	A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento conforme os límites de intensidade previstos nos artigos  25 e 29 do Regulamento (UE) 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:
  
    | Categoría predominante do proxecto / da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación | Pequena empresa | Mediana empresa | Grande empresa | 
    | Investigación industrial | 70% | 60% | 50% | 
    | Desenvolvemento experimental | 45% | 35% | 25% | 
    | Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación | 80% | 75% | 65% | 
    | Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s dun mesmo grupo empresarial e un organismo de investigación e difusión, tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación | 60% | 50% | 40% | 
    | Innovación en materia de procesos e organización | 50% | 50% | 15% | 
	Outras especificacións da convocatoria
	Axudas cofinanciadas no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 en réxime de concorrencia competitiva.
	Documentación e ligazóns
	
	
	Documentación para a solicitude de anticipos – anualidade 2020
	
	Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 [respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019, código de procedemento IN854A]
	Documentación para a xustificación da anualidade 2019
	
	Documentación para a xustificación da anualidade 2018
	
	
Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020
	
