Candidatos ERC

OPORTUNIUS ofrece apoio en forma de asesoramento e formación a aqueles investigadores que queiran presentar a súa proposta de proxecto a algunha convocatoria do ERC nunha institución de acollida (host institution) de Galicia, para garantizar as mellores condicións posibles e altas expectativas de éxito.

Asesoramento individual e formación para a presentación candidatura á convocatoria ERC

OPORTUNIUS pon á disposición dos investigadores en institucións de acollida galegas unha liña de formación e asesoramento individualizado para preparar con solvencia e altas garantías de éxito a súa candidatura a unha convocatoria do ERC.

  • Evaluación preliminar sobre posibilidades da propuesta e curriculum do investigador.
  • Preparación do borrador para a revisión inicial da Oficina Europea do MINECO.
  • Revisión do borrador unha vez recibidos os cambios do MINECO.
  • Revisión por avaliadores e anteriores gañadores de ERC e por expertos.

Os investigadores que desexen acceder ao servizo, simplemente terán que cubrir un cuestionario preliminar e envialo a oportunius.gain@xunta.es. Recibirán un informe previo de avaliación e recomendacións.

Formación

OPORTUNIUS organiza talleres de formación impartidos por Puntos Nacionais de Contacto do ERC, gañadores de axudas ERC e asesores expertos.

Aqueles investigadores interesados en asistir aos talleres poderán contactar a través do email oportunius.gain@xunta.es

Próximo taller previsto para o mes de setembro de 2018. Publicarase a data proximamente.

Talleres organizados anteriormente
Taller Data Lugar
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 04/12/2014 Santiago de Compostela
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 15/01/2015 Santiago de Compostela
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 24/09/2015 Santiago de Compostela
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 14/12/2015 Santiago de Compostela
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 16/09/2016 Santiago de Compostela
Curso “PREPARACIÓN DE PROPOSTAS PARA O CONSELLO EUROPEO DE INVESTIGACIÓN (ERC)” 10/09/2017 Santiago de Compostela