Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento

Programa: Consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento
Data de publicación no DOG: 05/06/2018
Prazo de presentación de solicitudes: 06/06/2018 – 05/07/2018
Códigos dos procedementos:
IN607A: Modalidade A – Grupos de referencia competitiva (GRC)
IN607B: Modalidade B – Grupos con potencial de crecemento (GPC)
IN607D: Modalidade C – Proxectos de excelencia

Cal é o obxecto destas axudas?

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

  • Modalidade A: Grupos de referencia competitiva ( GRC ). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
  • Modalidade B: Grupos con potencial de crecemento ( GPC ). Axudas para a consolidación de grupos de investigación que pola súa produción científica e a súa actividade de I+D amosan potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
  • Modalidade C: Proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores/as individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou das investigadoras, dúas modalidades:
    • Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada
    • Liña de reforzo de traxectorias emerxentes (GAIN só convoca esta modalidade).

Quen pode solicitar estas axudas?

As universidades do Sistema universitario de Galicia que presentarán a súa solicitude ante a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Os organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur), os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que presentarán a súa solicitude ante GAIN.

Tipo e intensidade das axudas

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido.
  • Intensidade da axuda: 100 %.
  • Orzamento total: 20.990.000 euros (o orzamento da Secretaría Xeral de Universidades será de 19.125.000 euros e o de Gain será de 1.865.000 euros).

Importe das axudas

O importe máximo das axudas concedidas é o seguinte:

  • Modalidade A (GRC)
    • No caso das universidades do SUG: o importe global da axuda distribuirase en tres anualidades e virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de 30.000 € para o ano 2019 e de 35.000 € para o ano 2020 e 2021 máis un variable máximo de 30.000 € no ano 2019 e de 35.000 € nos anos 2020 e 2021 en función dos ingresos medios do grupo, e un módulo variable, acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos tres exercicios anteriores a concesión.
    • No caso das demais entidades: o importe global da axuda distribuirase en catro anualidades e virá determinado por un módulo estrutural composto dun fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 € tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000, 50.000 €), acumulable o anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos tres exercicios anteriores a concesión.
  • Modalidade B (GPC)
    • No caso das universidades do SUG: as axudas serán de aplicación por un período de 2 anualidades (2019 e 2020), mediante o pagamento dunha contía máxima de 45.000 € en cada unha delas.
    • No caso das demais entidades: as axudas serán de aplicación por un período de 3 anualidades, mediante o pagamento dunha contía máxima de 20.000 € na primeira e de 35.000 € na segunda e terceira.
  • Modalidade C (Proxectos de excelencia)
    • No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata 4 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €.
    • No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente (única modalidade convocada por GAIN), as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata 5 anualidades, mediante o pagamento anual á institución á que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2018 e de 25.000 € para os anos 2019, 2020, 2021, 2022.

A onde acudir?

  • Para as solicitudes presentadas polas universidades do SUG:

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n 15781
Santiago de Compostela
Teléfono: 881999541 / 881995156
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

  • Para as demais entidades solicitantes indicadas (alleas ao SUG):

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Axencia Galega De Innovación
Praza de Europa (Área Central), 10A, 6º andar
15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 981541096
Email: axudas.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

Documentación e ligazóns