Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 24.05.2018
Código de procedemento: IN606B
Prazo de presentación de solicitudes: do 25.05.2018 ao 25.06.2018

Cal é o obxecto destas axudas?

A formación de persoal investigador doutor mediante a súa contratación por algún dos centros citados no apartado seguinte a través da modalidade A deste programa, coas seguintes características:

  • Axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, dun total de tres anos, consistentes no financiamento dun contrato de estadía de dous anos no estranxeiro e dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia ao retorno da dita estadía.

Quen pode solicitar estas axudas?

Gain financia aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financia ás universidades do Sistema Universitario Galego (en adiante SUG).

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100%
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 9.138.800 euros (a achega por parte da Gain será de 832.800 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades será de 8.306.000 euros).

Número e importe das axudas

O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:

Modalidade A: 51 axudas (a previsión inicial é de 45 axudas para o SUG e 6 para as demais entidades). Os importes destas axudas son:

  • Na fase de estadía:
    • 34.680 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1).
    • 42.000 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2).
    • 48.400 euros brutos en concepto de salario e custos sociais se o destino da estadía está nos EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3).
    • Nesta fase establécese un complemento de 1.500 euros anuais para por cada persoa contratada con cargo a estas axudas. Este complemento ten por obxecto cubrir, ademais dos gastos asociados á contratación, os custos para cada persoa contratada da subscrición dun seguro de accidentes, de responsabilidade civil e, cando se trate de países sen concerto coa Seguridade Social española ou cando as coberturas deste concerto fosen insuficientes, un seguro de asistencia médica cuxo ámbito de cobertura inclúa o país de destino. Estes seguros deberán cubrir o período total de estadía efectiva.
  • Na fase de retorno:
    • Un máximo de 38.000 euros anuais, incluíndo neste importe a retribución bruta anual e o pagamento dos custos sociais.
    • Un complemento a cada unha das entidades beneficiarias que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.

A onde acudir?

  • Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentadas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

Documentación e ligazóns

Procedementos de avaliación de rendemento

Documentación para a xustificación das axudas [do mes de maio de 2022 ata a finalización dos contratos derivados destas axudas]

Máis información

  • No enderezo electrónico axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 881 999 213 / 981 543 991