Eixos estratéxicos e programas de actuación

O desenvolvemento operativo da “Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía 2016-2020” fundaméntase en 3 eixos estratéxicos canalizados a través de 7 programas de actuación con 40 accións concretas a desenvolver no periodo 2016-2020 e enfocados á consecución dos obxetivos concretos plasmados na estratexia.

Para o desenvolvemento da estratexia, a Xunta de Galicia adquire o compromiso de invertir de forma directa 125 Millóns de euros no sector, que incentivarán a mobilización de 73 Millóns de Euros adicionais de capital privado.