Sub-sectores prioritarios

Da confrontación dos retos identificados na RIS3 e da caracterización das capacidades da Biotecnoloxía en Galicia realizado xorden os subsectores prioritarios da biotecnoloxía en Galicia. Deste modo, identifícanse 7 subsectores prioritarios:

Subsector 1. Novos produtos e procesos para o sector lácteo

Desenvolvemento de novos produtos funcionais e procesos baseados en fermentación dentro do sector lácteo como mecanismo para aumentar a competitividade da industria tradicional galega a través da innovación biotecnolóxica.

Subsector 2. Aproveitamento eficiente e sostible dos recursos mariños e pesqueros

Uso eficiente mediante a biotecnoloxía dos recursos derivados do mar, incluíndo tanto a valorización de recursos naturais para a obtención de produtos innovadores como, o re-aproveitamento de subprodutos industriais, descartes da pesca, etc. Todo iso encamiñado á obtención de produtos innovadores valorizando os recursos nos que Galicia é un referente.

Subsector 3. Eficiencia na sanidade animal e derivados

Desenvolvementos enfocados á mellora da saúde animal ou da súa capacidade productiva de cara a un aumento da competitividade da industria tradicional a través da innovación tecnolóxica.

Subsector 4. Alimentación funcional e envellecemento activo

Desenvolvemento de ingredientes e alimentos derivados que demostren un efecto beneficioso sobre unha ou varias funcións do organismo relacionadas con condicións específicas asociadas ao envellecemento e que vaian, máis aló dos efectos nutricionais habituais, a través da valorización de recursos naturais nos que Galicia é un referente.

Subsector 5. Novas tecnoloxías para a medicina personalizada

Desenvolvemento de novos métodos de diagnóstico e prognóstico (biomarcadores, farmacoxenética, etc.) así como, tratamentos, tecnoloxías e dispositivos médicos orientados á medicina individualizada como modo de poñer en valor o coñecemento xerado en áreas competitivas.

Subsector 6. Innovación aberta para o descubrimento de fármacos

Screening de compostos, identificación de moléculas con potencial terapéutico e leads para a industria farmacéutica nun entorno de innovación aberta unha nova estratexia de innovación, onde se combina, coñecemento farmacéutico interno e externo onde universidades, centros de investigación e compañías traballan xuntos.

Subsector 7. Tecnoloxías facilitadoras

Dentro dun sector transversal como a biotecnoloxía existen a súa vez unha serie de tecnoloxías que contribúen a facilitar o desenvolvemento de novos produtos e servizos para os subsectores delimitados anteriormente: TICs e bioinformática, química biolóxica, xenética, bioenxeñaría e tecnoloxías ambientais.