
Misión
A misión da estratexia é maximizar o potencial do sector a nivel internacional xerando valor económico e social, contribuíndo a dinamizar e modernizar sectores tradicionais, aumentando o seu grao de competitividade e posicionando Galicia como actor clave a nivel internacional na cadea de valor biotecnolóxico.
Visión
A presente estratexia pretende nun prazo de 5 anos e coa aplicación das medidas propostas se alcancen os seguintes obxectivos estratéxicos.
- Obxectivo 1. Xerar nova actividade empresarial ao redor da biotecnoloxía.
- Obxectivo 2. Revitalizar sectores complementarios da actividade industrial.
- Obxectivo 3. Xerar maior inversión en I+D+i e emprego de alta cualificación.
- Obxectivo 4. Aumentar a competitividade internacional das empresas, das investigacións e por conseguinte da rexión.
- Obxectivo 5. Xerar un biopolo/clúster sectorial potente, integrado e dinámico, entendido como unha rede física ou virtual interconectada composta polos principais axentes do ecosistema biotecnolóxico.
Resultados agardados
Deste modo, como resultado das accións de impulso á biotecnoloxía preténdense alcanzar os seguintes resultados:
