A necesidade dunha Estratexia Galega de Biotecnoloxía

A necesidade de elaborar unha Estratexia de Biotecnoloxía arguméntase en base aos indicadores crecentes do sector biotecnolóxico:

  • 13,5% Gastos de I+D galego en Bio
  • 2100 Empregos
  • CCAA máis emprendedora en Bio

Para poder maximizar as fortes oportunidades competitivas de Galicia nun campo tan especializado como a biotecnoloxía, faise necesaria unha estratexia clara e coherente coas nosas capacidades, debilidades e oportunidades competitivas do sector.

Por tanto defínese así a Estratexía de Impulso á Biotecnoloxía de Galicia 2016-2020, que será a folla de ruta que vertebre e estruture as accións de apoio ao sector.

Foi liderada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN) en colaboración con representantes de cada unha das partes da cadena de valor do sector biotecnolóxico.

Cadea de valor do sector biotecnolóxico en Galicia

Galicia posúe todos os ingredientes para constituirse como un polo relevante no ámbito da investigación e valorización de produtos e servizos no ámbito biotecnolóxico.

O ecosistema rexional está conformado por un conxunto de actores que integran unha cadea de valor coherente, integrada e enfocada á obtención de valor económico e social a partir da investigación e os seus resultados.