O 28 de agosto enviáronse para a súa publicación no DOUE as 5 primeras licitacións da Fase Solucións, por un importe total de 7.250.000 €, para a compra de solucións para mellorar a prestación dos servizos públicos mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, no marco do Polo Tecnolóxico e Industrial de avións non tripulados de Rozas. Estas licitacións fináncianse nun 80% con fondos FEDER correspondentes ao período 2014-2020, do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (POCInt), procedentes do convenio de colaboracion asinado co Ministerio de Economía y Comptetitividad.
O contido destas licitacións é o resultado dun proceso de consultas e participación público-privada que se desenvolveu durante máis de doce meses. Neste proceso interviron máis de 200 entidades (empresas, centros tecnolóxicos e centros de investigación) e a totalidade das Consellerías da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é seleccionar entidades ou consorcios con capacidade de xerar solucións innovadoras que dean resposta aos retos plantexados polas Consellerías. Estas licitacións permitirán ao tecido empresarial galego situarse na vangarda en canto ao desenvolvemento de solucións para a aplicación de tecnoloxías de avións non tripulados no ámbito civil.
O prazo para poder presentar as solicitudes de participación está pechado.
RESUMEN DO OBXECTO DAS LICITACIÓNS
Xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs [TERRA-1]
O obxecto desta licitación é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAVs como os que proveñen doutras fontes, co fin de ser accesibles de xeito sinxelo polos distintos usuarios de aplicacións de produción de información xeográfica. Non será obxecto deste xestor ningún servizo correspondente a produtos derivados dos datos.
Adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados. [TERRA-2]
O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración e edición de bases topográficas e cartográficas a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos, aéreos, náuticos e terrestres.
Seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados.[TERRA-3]
O obxeto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos: aéreos, náuticos e terrestres.
Reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados. [MAR-1]
O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega, responsables do control da frota pesqueira, dun servizo mellorado que dea resposta, de xeito conxunto, a dúas necesidades da frota pesqueira co porto base en Galicia.
Automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados. [MAR-2]
O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega, responsables do control das distintas masas de auga, dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos, baseados nas novas tecnoloxías e no uso de vehículos autónomos aéreos e acuáticos, coa fin de alcanzar tres obxectivos específicos: