Axudas de apoio á etapa predoutoral

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral
Data de publicación DOG: 06/02/2018
Código de procedemento: IN606A
Prazo de presentación de solicitudes: 07/02/2018 a 06/03/2018

Cal é o obxecto desta axuda?

A contratación de persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores/as nos centros que se detallan no apartado seguinte en dúas modalidades:

  • Modalidade A: axudas de tres anos de duración destinadas ao apoio á etapa predoutoral para persoal investigador que desenvolva un proxecto de investigación en liña cos retos definidos na Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3.
  • Modalidade B: axudas de tres anos de duración de carácter xeral de apoio á etapa predoutoral, mediante as que se garantirá a representación de todas as ramas de coñecemento nesta convocatoria.

Para ambas as modalidades prevese a posibilidade de realizar estadías de 3 meses de duración no estranxeiro.

Quen pode solicitar estas axudas?

Gain financia aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria financia ás universidades do Sistema Universitario Galego (en adiante SUG).

Tipo e intensidade da axuda

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
  • Intensidade da axuda: 100%
  • Duración das axudas: un máximo de 3 anos
  • Orzamento total: 7.563.000 euros (a achega por parte da GAIN será de 768.000 euros namentres a da Secretaría Xeral de Universidades, para o antedito período, será de 6.795.000 euros).

Número e importe das axudas

  • O número e importe máximo das axudas concedidas para o financiamento dos contratos laborais (incluíndo os seus custos sociais) é o seguinte:
    • Modalidade A: 57 axudas (a previsión inicial é de 50 axudas para o SUG e 7 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 23.500 € anuais.
    • Modalidade B: 43 axudas (a previsión inicial é de 40 para o SUG e 3 para as demais entidades). O importe máximo de cada axuda é de 20.500 € anuais.

En ambas as dúas modalidades prevense os seguintes importes adicionais:

  • Estadías opcionais de tres meses de duración no estranxeiro:
    • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.
    • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá.
    • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.
  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda, nas dúas modalidades, para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

A onde acudir?

  • Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal

  • Para solicitudes presentas por universidades do SUG:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881995152 / 881995157 Fax: 881999135
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal

Documentación e ligazóns

Documentación para a xustificación das axudas [do mes de novembro de 2021 ata a finalización dos contratos]

Máis información

  • No enderezo electrónico axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 881 999 213 / 981 543 991