Fortalecemento de Centros de Xeración de Coñecemento

Programa: Axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento
Data de publicación DOG: 02/02/2018
Código de procedemento: IN607E
Prazo de presentación de solicitudes: 03/02/2018 – 02/03/2018

Cal é o obxecto desta axuda?

Son axudas de ata o 50% para a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade e de carácter aberto e compartido para mellorar a excelencia científica e as tarefas de transferencia dos centros tecnolóxicos e de apoio á innovación de Galicia.

Tipo e intensidade da axuda

Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
Axuda: 50% dos custos subvencionables de adquisición de equipamento científico e técnico e/ou programas de aplicacións informáticas de carácter especializado e técnico integrados no proxecto de infraestrutura
Orzamento mínimo solicitude: 100.000 € para cada proxecto de infraestrutura solicitado
Orzamento total: 6.500.000 €

Quen pode solicitar estas axudas?

Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia inscritos no rexistro estatal de centros regulado polo Real Decreto 2093/2008 de 19 de decembro.

Documentación e ligazóns

Documentación para a solicitude de anticipos

Máis información
  • No enderezo electrónico axudas.gain@xunta.gal
  • Nos teléfonos 981 95 74 37, 981 95 73 86, 981 95 73 03



Axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional