MANUFACTUR4.0

Datos xerais

  • Candidatura: 0411_MANUFACTUR4_0_1_E
  • Acrónimo:MANUFACTUR4.0
  • Título: Desenvolvemento e implementación de tecnoloxías intelixentes e innovadoras en sectores naval e metalmecánico
  • Área de cooperación: 1. Galicia – Norte de Portugal
  • Eixo: 1. Crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da Innovación
  • Duración: xullo 2017 – decembro 2019

Administracións de ambos os países, asociacións profesionais e centros de coñecemento traballarán para intensificar as relacións entre os centros de investigación e as empresas dos sectores involucrados, e buscarán xerar un efecto incentivador da implantación das Tecnoloxías 4.0 nunha área estratéxica para a Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Resumo do proxecto

Investimento

Custos Totais: 2.030.649,36 €
Achega FEDER: 1.522.987,02 € (cofinanciación do 75%)

O proxecto 0411_MANUFACTUR4_0_1_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, dentro do Eixo 1 “Crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da innovación”.

Obxectivo

Transferir de maneira efectiva á industria do sector Naval-Metalmecánico novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo, como exemplos reais e medibles das melloras que a I+D+i pode achegar. Iso traducirase nos seguintes beneficios:

  • Intensificación das relacións entre os centros de investigación e as empresas.
  • Efecto incentivador da implantación das tecnoloxías 4.0 nun sector estratéxico para a Euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.

Desta forma, evidenciaranse os beneficios que a adopción deste novo enfoque da Fábrica 4.0 pode achegar ao cambio, crecemento e modernización do sector transfronteirizo, contribuíndo claramente ao obxectivo específico no que se encadra o proxecto.

Resultados

Alcanzarase a tecnificación 4.0 do sector naval-metalmecánico da Euro-rexión, con base nas pemes, lográndose o desenvolvemento e transferencia a esta industria de novas tecnoloxías de fabricación avanzada e baixo custo, e, con iso, un notable incremento do cociente de patentes solicitadas neste campo.

Iso posibilitará, a medio-longo prazo, dispoñer dunha estrutura de colaboración conxunta no ámbito da fabricación avanzada para o sector na Euro-rexión, e un tecido industrial con alta capacidade técnica, tanto en desenvolvemento, como en implementación e explotación de tecnoloxías de fabricación.

A interacción de tecnólogos especializados e o baixo custo para levalo a cabo constitúen as principais achegas innovadoras.