Préstamos IFI INNOVA

Que son os prestamos IFI Innova?

IFI INNOVA é un novo programa de préstamos desenvolvidos pola Axencia Galega de Innovación (Gain) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), co obxectivo de intensificar o apoio ás micro, pequenas e medianas empresas galegas no financiamento de novos proxectos innovadores.

Condicións dos préstamos IFI Innova

Importe mínimo do préstamo solicitado: 50.000 €
Importe máximo do préstamo solicitado: 500.000€
Orzamento mínimo subvencionable: 71.500€
Esquema de financiamento:

  • O Igape asinará un protocolo de colaboración coas principais entidades de crédito que operan en Galicia para facilitar o financiamento do custo restante do proxecto

Tipo de interese fixo: Euribor a un ano+0,10%
Prazo: entre 2 e 12 anos.
Carencia: Período de carencia de ata 4 anos, coa posibilidade de incorporar amortizacións aceleradas en función da xeración de recursos da empresa.
Garantías: Sen garantías ata 200.000 euros; posibilidade de solicitalas en función do proxecto.

Quen pode solicitar estes préstamos?

O programa de préstamos poderá ser solicitado por:

  • Microempresas, pequenas e medianas empresas individuais ( de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014), especialmente as de base tecnolóxica, en fase semente ou startup, pero tamén aquelas pemes que, a pesar de ter unha traxectoria contrastada, desexan emprender proxectos innovadores.

  • Domicilio social ou centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita o préstamo

Tipos de proxectos

Terán a condición de proxectos financiables os proxectos de I+D+i desenvolvidos co obxectivo de mellorar a posición competitiva da empresa.

Os proxectos de I+D+i deberán estar encadrados nos seguintes TRL 5,6,7 ou 8 (Technology Readiness Levels), referidos ao nivel de madurez dunha tecnoloxía.

Pode consultar a información específica sobre a defición de cada nivel TRL no apartado de “Documentación e ligazóns”

Custos financiables

No ámbito de estes proxectos considéranse custos financiables os seguintes:

  • Gastos de persoal vinculado ao desenvolvemento do proxecto.
  • Custos de bens de equipo, instalacións técnicas, equipos para procesos de información ou datos, software, instrumental, utillaje, moldes e materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto.
  • Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado.
  • Contratación a entidades de investigación e/ou desenvolvemento tecnolóxico.

Documentación e ligazóns

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

  • que se esgote o crédito orzamentario.
  • o 30 de setembro de 2022 ata as 14.00 horas.
  • Resolución do 23 de setembro de 2022: o prazo de presentación de solicitudes tense ampliado ata o vindeiro día 31 de outubro de 2022.

Máis información

No enderezo electrónico servizos.gain@xunta.gal
Nos teléfonos 900 815 151 (IGAPE) e 881 999 471 (GAIN)





Axudas cofinanciadas pola Unión Europea Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020 – Unha Maneira de facer Europa