Programa FEDER-Innterconecta

O programa FEDER-INNTERCONECTA é unha iniciativa na que participan a AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN e o CDTI, e que está cofinanciada polo Fondo Tecnolóxico. Este é unha partida especial de fondos FEDER adicada á promoción da I+D+i empresarial.

A colaboración entre ambas entidades instrumentalizouse a través dun convenio entre a Consellería de Economía e Industria e o CDTI, no que a Xunta de Galicia aportou seis millóns de euros para o cofinanciamento da primeira convocatoria de FEDER-INNTERCONECTA específica para Galicia en novembro de 2011. A achega da Xunta elevase aos 15 millóns para a segunda convocatoria do Programa, recentemente publicada en FEBREIRO 2013.

Este programa fomenta a cooperación estable público-privada en I+D en áreas de importancia estratéxica para o desenvolvemento da economía galega, financiando grandes proxectos de I+D en cooperación que leven a cabo empresas en Galicia co apoio de organismos de investigación.

Estes proxectos deben ter como obxectivo o desenvolvemento de tecnoloxías novidosas en áreas tecnolóxicas de futuro con proxección económica e comercial a nivel internacional e supoñer un avance tecnolóxico e industrial relevante para Galicia. Entre as súas principais características destacan:

  • Orzamento mínimo: 1.500.000 euros
  • Duración máxima: 3 anos
  • Composición mínima do consorcio: tres empresas independentes que deben contar coa participación relevante de polo menos un organismos de investigación.

Tras o éxito acadado pola primeira convocatoria , acábase de publicar o pasado 22 de febreiro de 2013 unha segunda convocatoria do Programa cun orzamento moito maior ao da primeira, 75 millóns de euros e que permanecerá aberta ata o vindeiro 4 de abril de 2013.

Documentos relacionados

Guía da Convocatoria 2013 de Feder – Innterconecta Galicia (ppt)
Guía da Convocatoria 2013 de Feder – Innterconecta Galicia (pdf)
Convocatoria INNTERCONECTA Galicia (pdf)
Bases reguladoras do Programa FEDER-INNTERCONECTA (pdf)
Modificación das bases do Programa FEDER-INNTERCONECTA (pdf)
PROGRAMA OPERATIVO DE INVESTIGACIÓN, DESARROLLO E INNOVACIÓN POR Y PARA EL BENEFICIO DE LAS EMPRESAS. FONDO TECNOLÓGICO (pdf)
NORMAS ELEGIBILIDAD EN PROGRAMAS FEDER. BOE 1 MARZO 2008 (pdf)

Ligazóns relacionadas

Máis información
Tramitación