Oportunius

A evolución producida nos últimos anos no marco da investigación e a innovación fai necesario un cambio normativo en aras de acadar un maior impulso neste ámbito, para favorecer a transferencia e posta en valor dos resultados da actividade investigadora e potenciar o crecemento e consolidación profesional do persoal investigador.

Neste sentido, a Xunta de Galicia aprobou o decreto no que se regula o réxime de contratación de persoal investigador pola propia Axencia Galega de Innovación, baixo a modalidade de investigador distinguido, dispoñible na seguinte ligazón:

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) pon ao servizo dos/as investigadores/as galegos/as un servizo de apoio á participación no programa europeo de I+D+i Horizonte 2020- Ciencia Excelente- Propostas para o Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do seu Programa Oportunius.

Para optar a este servizo, fornécese o seguinte cuestionario dirixido a calquera investigador/a galego/a interesado/a en participar no programa ERC, en calquera das súas tipoloxías (Starting, Consolidator ou Advance) que non tivese participado no programa con anterioridade, co fin de avaliar a elexibilidade dos candidatos/as e as súas propostas e seleccionar aquelas con maior potencial de financiamento. Os/As candidatos/as seleccionados /as poderán optar a servizos complementarios, tales como orientación á hora de redactar e presentar a súa candidatura, formación e/ou revisión da solicitude.

As datas límite para facernos chegar os cuestionarios serán:

  • Candidatos Advanced Grant (AdG) 2017: 15 de xuño de 2017

Proximamente: Apertura convocatoria Starting Grant (StG) 2018

Calquera investigador/a interesado/a nesta iniciativa que desexe recibir apoio por parte da axencia GAIN o único que ten que facer é cumplimentar o seguinte formulario e achegárnolo por correo electrónico ao enderezo oportunius.gain@xunta.gal

Cuestionario Itinerario 2 (zip) (Investigadores participantes nas convocatorias ERC que non obtiveron financiamento; obterán apoio para a presentación dunha nova candidatura no futuro e para mellorar o seu perfil científico)

Cuestionario Itinerario 3 (zip) (Investigadores con alta potencialidade de xeración de ciencia excelente; obterán asesoramento e formación para que poidan presentar candidaturas con altas posibilidades de éxito)

Adicionalmente, a Axencia Galega de Innovación programa periodicamente cursos prácticos onde se presentan as oportunidades de financiamento que ofrece o Programa Horizon 2020 para a investigación excelente e, en especial, as principais claves para conseguir propostas exitosas dentro do Programa de Traballo do ERC.

A información sobre os ditos cursos será oportunamente publicada nesta páxina web pero, se estás interesado, non dubides en contactar connosco no enderezo electrónico oportunius.gain@xunta.gal.