Axudas do Programa Industrias do Futuro 4.0 e Consulta Preliminar do Mercado captación de investimentos 4.0

Axudas do programa Industrias do Futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras

Programa: Industrias do Futuro 4.0
Código de procedemento: IN854A
Prazo de presentación de solicitudes: 15/07/2016 – 30/08/2016

Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do Futuro 4.0 orientado a proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental estratéxicos centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e procédese á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN854A).

Documentación

Xustificación

Documentación para a solicitude de anticipos – anualidade 2020​

Resolución do 25 de maio de 2020 pola que se modifican parcialmente as resolucións do 29 de xuño de 2016, do 21 de maio de 2018 e do 28 de decembro de 2018 polas que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Industrias do futuro 4.0, orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras, e se convocan para o ano 2019 [respectivamente, primeira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 29 de xuño de 2016, segunda convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2018 e terceira convocatoria no Diario Oficial de Galicia do 8 de febreiro de 2019, código de procedemento IN854A]

A convocatoria do Programa Industrias do Futuro 4.0 é a primeira ao abeiro da Iniciativa “Captación de Investimentos 4.0”, unha consulta preliminar ao mercado que permanecerá aberta ata 2020. Tanto o Programa Industrias do Futuro 4.0 como a Iniciativa na que se encadra, están definidas no marco do programa Innova en Galicia, un dos catro grandes bloques operativos a través dos cales se executará a Estratexia de Especialización Intelixente galega que ten por obxecto que o investimento público exerza de panca para a atracción e mobilización de capital privado cara a innovación.

Captación de Investimentos 4.0. Consulta preliminar ao mercado.

A través da iniciativa “Captación de Investimentos 4.0” defínese un proceso de consulta ao mercado para coñecer as características dos potencias proxectos de I+D tractores para a renovación do tecido industrial de Galicia cara un novo modelo industrial baseado na innovación co obxectivo de crear emprego cualificado e acadar un forte impacto socioeconómico.

Este proceso iniciouse o pasado 3 de marzo coa publicación no Diario Oficial de Galicia dun anuncio co obxectivo de coñecer as manifestacións de interese de empresas interesadas nesta iniciativa. Á vista das manifestacións recibidas considerouse necesario actualizar algunhas das características dos proxectos incluídas neste primeiro anuncio e publicar un novo para, sen mudar o seu obxectivo de apoiar grandes proxectos empresariais de desenvolvemento experimental que superen os 50 millóns de euros, optimizar o investimento público apoiando tamén proxectos dun menor tamaño pero con sinerxías e complementariedades que permitan acadar unha maior eficiencia e eficacia dos fondos.

A invitación a presentar expresións de interese permanecerá aberta ata 2020.

As propostas ao abeiro da iniciativa deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser proxectos:
    • orientados a acadar un novo modelo industrial baseado na innovación ao abeiro das tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0 e en liña co reto 2 da RIS3 Galicia
    • dentro dos ámbitos máis destacados da economía galega cun efecto de arrastre sobre o tecido industrial galego
    • excelentes con retos tecnolóxicos ambiciosos e estratéxicos a nivel europeo
  2. Poderán ser tanto proxectos de investigación industrial como de desenvolvemento experimental, segundo as definicións contidas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, e desenvolverse tanto de xeito individual ou en cooperación con organismos de investigación
  3. Ter un orzamento empresarial financiable mínimo de 20.000.000€.
  4. Estar liderados por unha mediana ou unha grande empresa tractora segundo o Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014
  5. Valorarase especialmente o seu alto impacto, tanto tecnolóxico como socioeconómico, en Galicia

Documentación