Programa: Programa de recursos humanos
Código de procedemento: IN809A
Data de publicación no DOG: 21 de febreiro de 2014
Prazo de presentación de solicitudes: 21 de marzo de 2014
RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2014, da Axencia Galega de Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas para estadías a realizar no 2014 correspondentes a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en Organismos Públicos de Investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema Universitario de Galicia, ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.