Axudas

Nesta sección recóllense as liñas de axuda da Axencia Galega de Innovación (Gain), organizadas por ano de convocatoria. Inclúense non só as subvencións a fondo perdido, senón calquera outro tipo de apoio.

Coa programación FEDER 2021-2027 está planificada a convocatoria, por parte de Gain, de varias liñas de axudas no período 2022-2027 contando coa cofinanciación de fondos europeos FEDER. Cada axuda concreta está detallada na sección correspondente ao ano da súa convocatoria, neste mapa pódese consultar de xeito centralizado o calendario de convocatoria destas axudas xunto co obxecto das mesmas, os beneficiarios aos que van dirixidas e a súa finalidade (pdf).

Outra información de interese

Inclúese unha guía de publicidade FEDER na que se expoñen as obrigas a nivel de comunicación das entidades e proxectos beneficiarios de axudas, así como un enlace ao manual de identidade corporativa de Xunta e do Xacobeo e os logotipos da Axencia para a súa descarga.