Para axudar ás rexións da UE no proceso de identificar, deseñar, poñer en marcha e revisar as súas estratexias de S3, a Comisión Europea lanzou en xuño de 2011 unha Plataforma de Especialización Intelixente, con sede no Instituto de Prospectiva Tecnolóxica (IPTS) do Centro Común de Investigación (CCI) da Comisión Europea en Sevilla.
O traballo da Plataforma está supervisado por un comité de representantes de diversas Direccións Xerais da Comisión Europea e conta co apoio dun grupo de traballo (“Mirror Group”) de expertos académicos de alto nivel e representantes de organizacións e redes relevantes.
A partir de finais de 2011, a Plataforma estruturouse en grupos de traballo dedicados a temáticas específicas. Entre os seus obxectivos encóntranse tamén o desenvolvemento de mellores indicadores de especialización intelixente.
Como servizos de apoio, a Plataforma ofrece: