A elaboración dunha estratexia S3 en Galicia constitúe unha condición previa para a aprobación dos próximos Programas Operativos de Fondos Estruturais e a dispoñibilidade de fondos no período 2014-2020.
Na nova Política de Cohesión, a especialización intelixente asumiu o papel dunha condición ex-ante. Isto significa que todos os Estados membros e rexións teñen que ter desenvolvida unha estratexia, antes de poder recibir achega financeira da UE a través dos Fondos Estruturais para as súas actuacións planificadas. Neste sentido, a dispoñibilidade de fondos estará supeditada á definición e implementación da S3. Esta condición é de aplicación específica a dous dos 11 obxectivos temáticos de FEDER e a un de FEADER:
Por iso a Xunta de Galicia está a desenvolver as súas formulacións estratéxicas para os próximos anos de forma aliñada con estes requirimentos, para o que se estableceu un proceso de traballo específico.
A estratexia S3 é un instrumento clave para a competitividade, o crecemento económico e a creación de postos de traballo sostibles en Galicia.
Galicia e Europa necesitan crecer de forma integradora e sostible no tempo e crear postos de traballo de calidade. Para iso, é prioritario establecer con claridade as potencialidades existentes e as oportunidades reais de Galicia no contexto mundial para construír un posicionamento de excelencia e competitividade a partir de áreas clave de coñecemento e innovación e das tendencias emerxentes.
As rexións europeas máis innovadoras son as máis competitivas (alta correlación entre o Índice de Innovación Rexional e o índice de Competitividade Rexional)

Fonte: Comisión Europea. Informe RIS 2012
A estratexia S3 racionaliza a utilización dos recursos e os fondos públicos e privados, focalizando os esforzos en torno a unha visión de futuro de excelencia alcanzable e conseguindo unha maior eficiencia e eficacia.
A S3 permite, mediante a especialización intelixente, multiplicar as potencialidades de certas áreas determinadas enfocando así o uso dos recursos públicos e privados en aqueles ámbitos nos que teña fortes oportunidades competitivas a nivel mundial e aumentando as sinerxías.