Civil UAVs Initiative

O goberno galego lanzou a Civil UAVs Initiative para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs nas súas siglas en inglés) no ámbito civil e na mellora da prestación dos servizos públicos no marco do impulso ao desenvolvemento dun polo aeronáutico de referencia europea en Galicia.

Esta iniciativa consta de dous programas: un primeiro que consiste na posta en marcha dun procedemento de compra pública precomercial a nivel internacional para a busca dun ou varios socios tecnolóxicos industriais, especializados en sistemas aéreos non tripulados, que activen e desenvolvan o polo tecnolóxico e, un segundo, que abre un proceso de compra pública innovadora para mellorar a través das UAVs a prestación de determinados servizos propios.

Novas licitacións

O Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2018 aprobou o lanzamento de dúas licitacións máis para a compra de solucións innovadoras baseándose en sistemas aéreos non tripulados para mellorar a prestación de servizos públicos en dous ámbitos:

O orzamento de ambas licitacións ascende a 7,2 millóns de euros, cofinanciados nun 80% a traves de Fondos FEDER, e a fórmula de contratación será a Compra Pública Innovadora.

Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta, remítense os anuncios ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) para a súa publicación. A partir daí, comeza o procedemento de contratación que se agarda esté adxudicado a comezos do segundo semestre deste ano.

Co obxectivo de explicar en detalle o novo marco regulamentario que afecta aos vehículos aéreos non tripulados (UAV), os procedementos de contratación e os programas funcionais das dúas licitacións, celebramos unha xornada técnica o 19 de febreiro en Rozas (Castro de Rei).

Documentación adicional das licitacións