Civil UAVs Initiative

O goberno galego lanzou a Civil UAVs Initiative para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs nas súas siglas en inglés) no ámbito civil e na mellora da prestación dos servizos públicos no marco do impulso ao desenvolvemento dun polo aeronáutico de referencia europea en Galicia.

Esta iniciativa consta de dúas fases: unha primeira que consiste na posta en marcha dun procedemento de compra pública precomercial a nivel internacional para a busca dun ou varios socios tecnolóxicos industriais, especializados en sistemas aéreos non tripulados, que activen e desenvolvan o polo tecnolóxico e, unha segunda, que abre un proceso de compra pública innovadora para mellorar a través das UAVs a prestación de determinados servizos propios.

Publicación das 5 primeiras licitacións da Fase Solucións da Civil UAVs Initiative

O 28 de agosto enviáronse para a súa publicación no DOUE as 5 primeras licitacións da Fase Solucións, por un importe total de 7.250.000 €, para a compra de solucións na mellora dos servizos públicos mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados, no marco do Polo Tecnolóxico e Industrial de avións non tripulados de Rozas. Estas licitacións fináncianse nun 80% con fondos FEDER correspondentes ao período 2014-2020, do Programa Operativo de Crecemento Intelixente (POCInt), procedentes do convenio de colaboracion asinado co Ministerio de Economía y Comptetitividad.

  • Xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs [TERRA-1]
  • Adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados. [TERRA-2]
  • Seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados.[TERRA-3]
  • Reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados. [MAR-1]
  • Automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados. [MAR-2]

O contido destas licitacións é o resultado dun proceso de consultas e participación público-privada que se desenvolveu durante máis de doce meses. Neste proceso interviñeron máis de 200 entidades (empresas, centros tecnolóxicos e centros de investigación) e a totalidade das Consellerías da Xunta de Galicia.
O seu obxectivo é seleccionar entidades ou consorcios con capacidade de xerar solucións innovadoras que dean resposta aos retos plantexados polas Consellerías. As novas licitacións permitirán ao tecido empresarial galego situarse na vangarda en canto ao desenvolvemento de solucións para a aplicación de tecnoloxías de avións non tripulados no ámbito civil.
O prazo para poder presentar as solicitudes de participación remata o próximo 27 de setembro de 2017.

RESUMEN DO OBXECTO DAS LICITACIÓNS

Xestor de conxunto de datos xeorreferenciados obtidos por UAVs [TERRA-1]

O obxecto desta licitación é o desenvolvemento dunha plataforma que permita a integración de todos os datos xeorreferenciados capturados, tanto os obtidos a partir de sensores transportados por UAVs como os que proveñen doutras fontes, co fin de ser accesibles de xeito sinxelo polos distintos usuarios de aplicacións de produción de información xeográfica. Non será obxecto deste xestor ningún servizo correspondente a produtos derivados dos datos.

Adquisición, mantemento e automatización de bases topográficas e cartográficas mediante medios aéreos non tripulados. [TERRA-2]

O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración e edición de bases topográficas e cartográficas a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos, aéreos, náuticos e terrestres.

Seguimento das dinámicas de ocupación do solo e axuda á planificación territorial mediante o uso de vehículos aéreos non tripulados.[TERRA-3]

O obxeto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita a elaboración de información sobre coberturas e usos do solo, así como un conxunto de ferramentas de apoio á planificación territorial a partir dos datos capturados polos sensores aerotransportados en UAVs e noutros vehículos: aéreos, náuticos e terrestres.

Reforzo da seguridade marítima da frota pesqueira galega e das actividades de seguimento da súa actividade mediante o uso de vehículos aéreos e mariños non tripulados. [MAR-1]

O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega, responsables do control da frota pesqueira, dun servizo mellorado que dea resposta, de xeito conxunto, a dúas necesidades da frota pesqueira co porto base en Galicia.

  • Mellora da seguridade da frota, mediante un sistema de monitorización continua.
  • Seguimento da actividade pesqueira e do cumprimiento das condicións de traballo da frota.

Automatización de mostraxes oceanográficas mediante vehículos non tripulados. [MAR-2]

O obxecto desta licitación é o deseño, desenvolvemento e posta en operación dunha solución que permita dotar aos organismos da Administración galega, responsables do control das distintas masas de auga, dun servizo mellorado de mostraxe e recollida de datos, baseados nas novas tecnoloxías e no uso de vehículos autónomos aéreos e acuáticos, coa fin de alcanzar tres obxectivos específicos:

  • Abaratamento significativo dos custos dos actuais programas de monitorización da calidade das augas en execución (Directiva Marco da Agua, Directiva da Estratexia Mariña, Control das zonas de produción de moluscos, etc) respecto aos medios empregeados actualmente.
  • Mellora da periodicidade temporal da toma de mostras e datos, mellorando o control chegando, se fose necesario, ao control en continuo.
  • Incrementar significativamente as posibilidades de realizar as actividades de control nas augas marítimas en condiciónes meteorolóxicas adversas.