Conde destaca en Ponteceso a importancia de apostar pola formación dos mozos adaptada aos novos perfís profesionais

2017-05-10

Ponteceso (A Coruña), 10 de maio de 2017.- O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a visita ás aulas científico tecnolóxicas Isidro Pardo Pondal promovidas en Ponteceso pola Fundación Eduardo Pondal coa colaboración de Ceo Aberto, a importancia de apostar pola formación dos mozos adaptándoa aos novos perfís profesionais.

No encontro, o conselleiro coñeceu os proxectos desenvolvidos durante o curso pola trintena de rapaces participantes e animounos a non perder a curiosidade por aprender. Ademais, asegurou que a Xunta aposta por potenciar e manter en Galicia o talento dos máis novos á vez que se impulsa a innovación vinculada á investigación a través de iniciativas como a Estratexia de especialización intelixente RIS3, as Unidades Mixtas de Investigación ou as redes de aceleradoras.