Proceso selectivo para ingreso na escala de titulados superiores OO.AA. do MITC, especialidade en propiedade industrial

2015-07-09

No BOE do 9 de xullo 2015, dispoñible nesta ligazón , publicouse a Orde IET/1371/2015, do 6 de xullo, pola que se convoca o proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de turno libre, na Escala de Titulados Superiores de Organismos Autónomos do MITC, especialidade de Propiedade Industrial.

O prazo de presentación de instancias comeza o día 10 de xullo e remata o día 29 de xullo de 2015.

A distribución por ramas e especialidades das 9 prazas convocadas é a seguinte:

Rama técnica:

  • Especialidade mecánica: Tres prazas.
  • Especialidade eléctrica: Dúas prazas.
  • Especialidade informática: Dúas prazas.

Rama xurídica: Dúas prazas.