GAIN organiza un curso sobre a plataforma FI-WARE, necesaria para acceder ás convocatorias do programa europeo FI-PPP

2015-01-22
  • Ao longo de 2015 a CE publicará varias convocatorias dentro deste programa que darán acceso a un financiamento de entre 50 e 150 mil euros así como a un proceso de aceleración do proxecto

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2015.- A Axencia Galega de Innovación (GAIN) está a organizar para o vindeiro 28 de xaneiro unha xornada de formación no uso da plataforma FI-WARE, necesaria para acceder ás convocatorias do programa europeo Future Internet Public-Private Partnership

FI-WARE é unha plataforma software definida pola Comisión Europea para o desenvolvemento de aplicacións ou servizos que permitan acelerar a creación de negocios. Para promover o seu uso, a Comisión Europea lanzará ao longo do ano 2015 unha serie de convocatorias que darán acceso a un financiamento de entre 50 mil e 150 mil euros por proxecto así como a un proceso de aceleración do proxecto.

Público e contidos

A xornada está dirixida a desenvolvedores de software ou persoal de PEMEs que queiran concorrer ás convocatorias do programa FI-PPP. Aconséllase acudir con ordenador propio.

A xornada facilitará aos asistentes formación sobre a arquitectura e capacitadores xenéricos (GEs, Generic Enablers) de FI-WARE; preparará aos participantes para desenvolver as súas primeiras aplicacións en FI-WARE e dará a coñecer de primeira man experiencias de emprendedores que xa deron o paso de usar FI-WARE.

Inscrición na xornada

O curso desenvolveráse no Centro de Novas Tecnoloxías (CNTG) en Conxo (Santiago de Compostela) de 9 a 19 horas. Para asistir á xornada precísase inscrición na seguinte ligazón