A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
2023-12-05
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe aos estudantes participantes na feira científica Galiciencia, que hoxe bota a andar no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole como os “investigadores e emprendedores da Galicia do futuro”.
Conde salientou que Galiciencia, na que se poden ver 64 enxeños e proxectos de investigación de alumnos procedentes de toda Galicia, é unha aposta polo talento científico e innovador dos máis novos, ao tempo que reforza o posicionamento líder de Tecnópole no ámbito da divulgación da ciencia e a innovación, para o que contan co apoio da Xunta.
“Xuntos apostamos por inculcar a curiosidade, o emprendemento e a creatividade nos máis novos como vía para cimentar o futuro de Galicia no coñecemento e a na innovación”, subliñou o conselleiro de Economía e Industria. Lembrou así mesmo Conde que esta iniciativa é non só a feira científica máis importante de Galicia, senón tamén unha actividade de referencia a nivel nacional, seleccionada de novo entre as actividades destacadas pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) na Semana da Ciencia.
Galiciencia, que comezou hoxe e se prolongará ata o venres, recibirá a visita de máis de 2.000 escolares, que poderán ver proxectos como un helicóptero non tripulado para vixiar o lume dos montes, unha app para axudar a aparcar o coche ou unha nova forma de protexer os alimentos mediante ultrasóns. Aos equipos de estudantes de secundaria e de FP súmanse este ano proxectos de primaria, que protagonizan unha sección especial.
Ademais da exposición de proxectos, Galiciencia conta con actividades paralelas que inclúen talleres conmemorativos do Ano Internacional da Cristalografía e da Agricultura Familiar e do Ano da Biotecnoloxía en España, ademais da elaboración colectiva por parte de estudantes tanto do vídeo como da revista oficiais da Galiciencia.