A Alianza Europea Vanguard Initiative, da que Galicia forma parte, lanza un instrumento de financiamento para apoiar proxectos de innovación entre rexións
2023-12-05
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, puxo hoxe como exemplo de “innovación e de dinamización da actividade económica no eido rural” á empresa Hifas da Terra que, xurdida da investigación universitaria fai pouco máis dunha década, se configura como un referente na elaboración de produtos micolóxicos.
Neste sentido, explicou, a empresa está a aplicar a I+D aos diferentes produtos que configuran as tres facetas das súa actividade: a alimentaria, a forestal e a micoterapéutica. Deste xeito, “está a ser tractora doutras economías, fixando emprego no rural e desenvolvendo un ámbito de actividade económica moi importante”.
Durante a visita ás instalación da compañía pontevedresa, na que estivo acompañado polo delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, o conselleiro resaltou tamén a transferencia de resultados da innovación ao mercado e a potenciación do talento galego, o que lle permite a Hifas da Terra xerar emprego cualificado contando cun 60% de empregados de alta cualificación.
Neste traballo, a Consellería está a acompañar a Hifas da Terra, tanto a través da Axencia Galega de Innovación como do Igape. Isto tenlle permitido reforzar a súa cooperación con outras empresas e centros de coñecemento, participando nas dúas edicións do programa Conecta Pemes, ou seguir investindo na mellora de procesos e produtos.
Así mesmo, resaltou Conde, a empresa está sabendo “mirar noutros mercados o seu futuro”. Neste contexto, sinalou, Hifas da Terra exporta xa o 10% da súa produción a mercados como Francia, Italia ou Portugal, tarefa para a que ten contado tamén co apoio do Goberno galego.