O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, inaugurou a xornada Instrumentos de apoio á innovación nas PEMES

2013-11-05

Foto da Xornada de Propiedade Industrial
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, inaugurou a xornada Instrumentos de apoio á innovación nas PEMES, no salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia con unha exposición das intencións da GAIN para potenciar a investigación e a necesidade de xerar patentes e patentes que sexan susceptibles da súa posta en valor.

A continuación, Maria José de Concepción, Directora do departamento de patentes da Oficina Española de Patentes e Marcas, centrou a súa intervención en como as patentes poden aportar valor real ás PEMES, mentres Pilar Morgade, Directora de Crecemento e Valorización da Axencia Galega de Innovación, fixo un percorrido polos mecanismos de apoio dos que dispón a Axencia e o Servizo Galego de Propiedade Industrial para a potenciación das patentes por parte das PEMES. Finalmente, Alberto Alvarez del Real, avogado e Axente da Propiedade Industrial, mostrou exemplos de valorización da empresa grazas á Propiedade Industrial.

A Xornada rematou cunha mesa redonda aberta á participación de tódolos asistentes que moderou o xefe de división de xestión da innovación e do Servizo Galego de Propiedade Industrial e na que participaron os poñentes., coa incorporación ademais de José Luis Villaverde, director da área de valorización, transferencia e emprendemento da Universidade de Santiago. Durante o debate, que durou dúas horas, houbo unha participación dos asistentes moi activa.

Dentro do marco dos programas de divulgación da Axencia Galega de Innovación, Pilar Morgade anunciou un ciclo de xornadas informativas para a empresa para este próximo ano en colaboración coa Oficina Española de Patentes e Marcas e CEVIPYME, onde se estará a facilitar información sobre os incentivos fiscais ás empresas, as novas liñas de axudas para a innovación, e, en xeral, a valorización das empresas a través da innovación.

Documentación empregada na Xornada