A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados
2023-05-30
A Xunta de Galicia, na súa aposta por impulsar a transferencia de resultados da investigación desde os centros de coñecemento á empresa, asinou hoxe un acordo para apoiar a actividade da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica é da Fundación Ramón Domínguez, ligada ás áreas sanitarias de Santiago e Lugo. Neste contexto, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, acompañados polos responsables de ambas fundacións, formalizaron os dous contratos-programa dotados cun importe conxunto de máis de 500.000 euros para impulsar as actuacións de I+D+i desenvolvidas no ámbito biosanitario, potenciando a investigación sanitaria como motor de competitividade empresarial.
Estes contratos, explicou Conde, reforzan a investigación no eido sanitario como un campo de actuación prioritario, con capacidade para xerar benestar, riqueza e emprego. Neste contexto, proseguiu, ambos contratos-programa impulsan a innovación sanitaria, potenciando a atracción e retención de talento co obxectivo de consolidar e reforzar as oportunidades que ofrecen ambas fundacións aos seus investigadores. Deste xeito, os contratos incentivan o esforzo na obtención de resultados de calidade e facilitan a estabilidade do persoal investigador, ao tempo que aspiran a incrementar a captación de fondos de programas europeos de I+D+i co obxectivo de posicionar a investigación galega sanitaria galega no Espazo Europeo de Investigación.
Pola súa banda, a conselleira de Sanidade salientou os bos resultados obtidos en anos anteriores polos investigadores vinculados a estas dúas Fundacións, con varios proxectos europeos en marcha (4 conseguidos en 2012), con máis de 400 publicacións en revistas internacionais indexadas, cunha importante traxectoria de proxectos en colaboración con empresas e cunha captación global de recursos externos que, no caso da Fundación Ramón Domínguez, superou o pasado ano os 5,8 millóns de euros.
Mosquera destacou tamén que se trata de Contratos Programa suxeitos ao cumprimento duns indicadores de desempeño obxectivos e cuantificables, como a captación doutros recursos externos para investigación, as patentes xeradas e os acordos de licenza ou explotación de ditas patentes, as publicación en revistas internacionais, a participación en ensaios clínicos, etc. “Buscamos polo tanto premiar a investigación de calidade, básica e aplicada, pero sempre cun enfoque de excelencia, fuxindo de políticas con criterios non selectivos”, asegurou.
O acordo contempla, de xeito prioritario, a valorización e transferencia dos resultados de investigación para conseguir que o sector sanitario actúe como motor de crecemento económico. Neste sentido, entre as finalidades específicas figuran a mellora da carteira de servizos das fundacións así como a execución de accións de comercialización dos servizos de diagnose.
O financiamento destes contratos-programa está ligado á obtención de resultados contrastables que supoñan unha mellora obxectiva da actividade investigadora e innovadora, con especial atención á transferencia de coñecemento. Así, os contratos-programa implican, a diferencia dos tradicionais convenios de colaboración, o cumprimento de esixentes indicadores de xestión e de resultados por parte de cada fundación para consolidar as súas dotacións. O organismo encargado de controlar e validar estes indicadores é a Axencia Galega de Innovación (GAIN). Mediante esta nova fórmula, o Goberno galego inviste un total de 900.000 euros no financiamento estable da actividade de catro fundacións sanitarias, con especial atención aos recursos humanos. Ademais da Fundación Xenómica e a Ramón Domínguez, son beneficiarias a Fundación Profesor Novoa Santos (das áreas da Coruña e Ferrol) e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
En total, a Consellería de Economía e Industria destinará este ano 4,5 millóns de euros a contratos-programa con centros tecnolóxicos e de investigación galegos e estatais radicados en Galicia, entre os que se atopan as fundacións sanitarias. Este novidoso programa de axudas enmárcase na aplicación da Estratexia Estatal de Innovación en Galicia (e2i), dotada con de 35 millóns de euros para actuacións estratéxicas no Sistema Galego de I+D+i. A vinculación dos contratos-programa á e2i supón a blindaxe económica desta liña de actuación ata 2015, aínda que a Xunta ten intención de darlle continuidade máis alá dese exercicio como instrumento estratéxico de apoio á actividade dos centros de coñecemento.
Os contratos-programa terán continuidade en vindeiras anualidades, nas que os indicadores que rexerán a competencia estarán xa aliñados coa Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) que Galicia debe deseñar para ter acceso aos fondos estruturais europeos no período 2014-2020. Nesta estratexia quedarán establecidos os sectores e os ámbitos de especialización con maior potencial innovador e de crecemento para Galicia, entre os que a saúde terá unha representación asegurada.