O próximo día 17 celebrarase a Xornada “GAIN INFORMA programas de apoio ás pemes mediante o fomento da cooperación público-privada: unha visión práctica” na que se presentarán as novas convocatorias Conecta Pemes e Bonos de Innovación da Axencia Galega de Innovación

2013-09-11

A Axencia Galega de Innovación organiza o próximo 17 de setembro en Santiago de Compostela unha xornada sobre a recentemente publicada convocatoria Conecta Pemes e os Bonos de Innovación, convocatoria que se publicará en próximas datas. Dita xornada será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria. Ademais, as empresas interesadas poderán concertar reunións bilaterais con técnicos da propia Axencia Galega de Innovación.

Datos da xornada:

Lugar: Confederación de Empresarios de Galicia, Rúa do Vilar, 54, C.P. 15705, Santiago de Compostela
Data: 17 de setembro

Programa:

10:30 – 10:45 Inauguración
Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria
José Manuel Fernández Alvariño, Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia ( CEG )

10:45 – 12:00 Presentación das novas convocatorias CONECTA PEMES e BONOS DE INNOVACIÓN: unha visión práctica
Representante da Axencia Galega de Innovación

12:00 – 12:15: Clausura
Manuel A. Varela Rey, Director da Axencia Galega de Innovación
Jorge Cebreiros Arce, Membro do Comité Executivo da CEG e Vicepresidenre da CEP en temas de I+D+i

Reunións bilaterais con técnicos de GAIN

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características destas dúas novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.

Durante a xornada terá a posibilidade de manter unha reunión bilateral con persoal da Axencia Galega de Innovación para resolver as posibles dúbidas que teña. Se está interesado, deberá indicalo no formulario de inscrición online e enviar cuberta a ficha de proxecto antes do día 15 de setembro.

É precisa a inscrición a través deste formulario online no que poderá indicar se está interesado en manter unha reunión bilateral cos técnicos de GAIN. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 15 de setembro ao mencionado correo (difusion.gain@xunta.es).

En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es