A Xunta investirá mais de 3 millóns para asegurar o financiamento dos centros tecnolóxicos facilitando a contratación e a consolidación do personal innovador

2013-07-24
  • A convocatoria da Axencia Galega de Innovación, a través de contratos-programa, busca incrementar a competitividade tanto dos centros como do tecido empresarial galego

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que o Goberno galego seguirá apostando pola innovación, a través dunha nova liña de axudas para “financiar contratos-programa nos centros tecnolóxicos”. En total, segundo remarcou Feijóo, O Goberno galego investirá 4,5 millóns de euros na nova liña de axudas que ten como obxectivo “asegurar o financiamento dos centros tecnolóxicos nos próximos anos cun financiamento estable”.

Na rolda de prensa posterior ao Consello, Núñez Feijóo confirmou que no eido económico o Executivo Galego seguirá cumprindo “un dos compromisos adquiridos en relación aos centros tecnolóxicos non universitarios”, poñendo en marcha esta nova liña para financiar contratos-programa de centros tecnolóxicos.

Os centros tecnolóxicos que forma parte do programa son o Aimen, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradian), o Centro Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, ANFACO-CECFOPESCA e o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Estes 5 centros tecnolóxicos, “terán a posibilidade de firmas un programa de 3 millóns de euros para a atracción e a retención do talento, mediante actuacións centradas no capital humano, facilitando a contratación e a consolidación do persoal innovador”, segundo explicou Feijóo. As axudas inclúen, ademais, equipamentos, investimentos ou subcontratacións.

O presidente da Xunta fixo fincapé en que un dos obxectivos prioritarios é que a investigación “teña un froito en forma de avance á sociedade”, é dicir, “que a investigación se converta en innovación e a innovación de converta en mellora da competitividade da economía”.

Así mesmo, Feijóo confirmou que hai outros centros de coñecementos non universitarios que están en trámites para estas axudas, tales como o Instituto Español de Oceanografía como e centro que ten o CESIC na Comunidade Autónoma. Polo tanto, concluíu que a Xunta “vai seguir traballando con innovación e sobre todo dando un horizonte de seguridade os centros tecnolóxicos e os centros non universitarios”.