O próximo día 29 celebrarse a Xornada “GAIN INFORMA. INSTRUMENTOS DE APOIO A EMPRESAS: UNHA VISIÓN PRÁCTICA” na que se presentarán as novas convocatorias da Axencia Galega de Innovación

2013-07-23

A Axencia Galega de Innovación organiza o próximo 29 de xullo unha xornada sobre o novo marco de instrumentos de apoio ás empresas. Dita xornada será inaugurada polo Conselleiro de Economía e Industria e nela explicaranse as novas convocatorias de axudas da Axencia para este ano 2013. Ademais, as empresas interesadas poderán concertar reunións bilaterais con técnicos de GAIN.

Datos da xornada:

Lugar: Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia, Ronda da Muralla, 70 – 27003 Lugo

Data: 29 de xullo

Programa:

12:00 – 12:15 Inauguración
Francisco Conde, Conselleiro de Economía e Industria

12:15 – 12:30 Introdución ó novo mapa de instrumentos de apoio a empresas da Axencia Galega de Innovación

12:30 – 13:30 Presentación das novas convocatorias: visión práctica
Representante da Axencia Galega de Innovación

Reunións bilaterais con técnicos de GAIN

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características das novas convocatorias da Axencia GAIN de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.
En tal senso, ofrécese a posibilidade de realizar entrevistas bilaterais con técnicos de GAIN para revisar ideas ou propostas de proxectos.

É precisa a inscrición a través deste formulario online no que poderá indicar se está interesado en manter unha reunión bilateral cos técnicos de GAIN. Neste caso, deberá remitir cumprimentada a Ficha de Información da Idea de Proxecto antes do día 24 de xullo ó mencionado correo (difusion.gain@xunta.es).

En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es