A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organiza na cidade de A Coruña a xornada “GAIN INFORMA Instrumentos de apoio a empresas: unha visión práctica” en colaboración coa UDC

2013-07-09

A Axencia Galega de Innovación organiza en colaboración co Vicerreitorado de Investigación e Transferencia da UDC unha xornada sobre o novo marco de instrumentos de apoio ás empresas na que se tratarán as novas convocatorias de axudas da Axencia para este ano 2013.

Datos da xornada:
Lugar: Sala de Consello de Goberno da Reitoría da UDC, Maestranza 9 – 15001 A Coruña
Data: 16 de xullo
Programa:
09:30 – 09:50 Introdución ao novo mapa de instrumentos de apoio á empresa da Axencia Galega de Innovación
09:50 – 11:30 Presentación das novas convocatorias: visión práctica.
Representante da Axencia Galega de Innovación

A xornada terá un carácter eminentemente práctico, no cal se presentarán as características das novas convocatorias de apoio ás empresas a través de exemplos e se dará resposta ás dúbidas que puideran ter os asistentes.

Para asistir, é precisa a inscrición a través da seguinte ligazón: fundacioncalidade.org/InstrumentosApoioEmpresas-ACoruna/inscricion.html

En caso de calquera dúbida, pode contactar a través do correo difusion.gain@xunta.es